domingo, 7 de abril de 2019

Saída á Garda

O pasado martes fixemos unha saída ao concello da Garda na cal vivimos diferentes experiencias relacionadas co mundo do mar. Visitamos as redeiras e puidemos ver de primeira man como levan a cabo o seu traballo, cosendo as redes rotas que necesitan ser arregladas. Ademais de poder disfrutar do precioso entorno deste lugar tamén nos achegamos á lonxa e a pescadería para logo tomar un rico aperitivo-merenda con croquetas de merluza, piza de mexillón con berberechos e un iogur. Unha mañá intensa pero agradable chea de experiencias!

No hay comentarios:

Publicar un comentario