Como pasa o tempo...Ainoa e Sheila xa cumpriron 4 anos, e como non, celebrámolo con elas.
"Sembrad en los niños ideas buenas, aunque no las entiendan; los años se encargarán de descifrarlas en su entendimiento y de hacerlas florecer en su corazón" María Montessori.
sábado, 21 de noviembre de 2015
Dia de Magosto na Escola de Amorín
Como nos derradeiros cursos, celebramos o tradicional Magosto en Amorín. Pasamos unha xornada de convivencia e ledicia, cantando, xogando, e disfrutando ao aire libre. Aquí vos deixo algunhas fotos e videos como recordo do vivido.
domingo, 8 de noviembre de 2015
Visita dalgunhas mascotas
Este curso estamos recibindo unhas visitas especiais! Os nenos e nenas están traendo as súas mascotas á aula. Para eles é algo importante, xa veredes a súas caras de felicidade, orgullo e entusiasmo ao compartir cos seus amigos algo tan fermoso e cercano para eles. Como xa levamos tres visitas e outros moitos están chegando vía fotografía, o traballo do proxecto xira en torno a: contar, observar parecidos e diferencias, relacionar, debuxar e escribir os seus nomes, identificación de sons, etc. Máis adiante, poderemos ver o traballo que estamos recollendo.
CELEBRAMOS O SAMÁIN
Como sabedes, anulamos de momento a celebración do magosto a causa do mal tempo. Como ven sendo nos últimos cursos celebramos a festa do Samaín ese mesmo día, pero dado que non puido ser nesa data, fixemos unha xornada na aula en torno a esta temática.
Pintamos, bailamos, falamos e decoramos unha cabaza que formou parte da decoración da Praza da Mina (iniciativa de Adeto, que tamén colaboran co noso centro noutras actividades).
Pintamos, bailamos, falamos e decoramos unha cabaza que formou parte da decoración da Praza da Mina (iniciativa de Adeto, que tamén colaboran co noso centro noutras actividades).
Suscribirse a:
Entradas (Atom)