sábado, 12 de diciembre de 2015

Cumpreanos de Noelia



Noelia xa ten 5 anos, moitas felicidades!!

Actividades de grafomotricidade

Nesta etapa de Educación infantil, os nenos e nenas aprenden a  controlar os seus dedos, melloran o manexo da pinza, a coller a culler, aprenden a ser máis precisos nos movementos e a ter maior control do seu corpo en xeral. Para favorecer todo esto propoñemos actividades de todo tipo: xogos de ensartar, de coser, uso das pinzas, trazados, etc, neste vídeo podedes ver algunhas das actividades que facemos.

sábado, 21 de noviembre de 2015

Cumpreanos de Ainoa e Sheila

Como pasa o tempo...Ainoa e Sheila xa cumpriron 4 anos, e como non, celebrámolo con elas.







Dia de Magosto na Escola de Amorín

Como nos derradeiros cursos, celebramos o tradicional Magosto  en Amorín. Pasamos unha xornada de convivencia e ledicia, cantando, xogando, e disfrutando ao aire libre. Aquí vos deixo algunhas fotos e videos como recordo do vivido.

domingo, 8 de noviembre de 2015

Visita dalgunhas mascotas

Este curso estamos recibindo unhas visitas especiais! Os nenos e nenas están traendo as súas mascotas á aula. Para eles é algo  importante, xa veredes a súas caras de felicidade, orgullo e entusiasmo ao compartir cos seus amigos algo tan fermoso e cercano para eles. Como xa levamos tres visitas e outros moitos están chegando vía fotografía, o traballo do proxecto xira en torno a: contar, observar parecidos e diferencias, relacionar, debuxar e escribir os seus nomes, identificación de sons, etc. Máis adiante, poderemos ver o traballo que estamos recollendo.

CELEBRAMOS O SAMÁIN

Como sabedes, anulamos de momento a celebración do magosto a causa do mal tempo. Como ven sendo nos últimos cursos celebramos a festa do Samaín ese mesmo día, pero dado que non puido ser nesa data, fixemos unha xornada na aula en torno a esta temática.
Pintamos, bailamos, falamos e decoramos unha cabaza que formou parte da decoración  da Praza da Mina (iniciativa de Adeto, que tamén colaboran co noso centro noutras actividades).

jueves, 8 de octubre de 2015

Manteis de Merendas e Pousavasos

Un curso máis, todos merendamos o mesmo na nosa escola (salvo os casos escepcionais por prescripción médica). O panadeiro-tendeiro da localidade, sempre atento Antonio, nos trae a diario iogures, froita, pan fresco para os bocatas, froitos secos naturais, galletas e leite. Os nenos e nenas acércanse a novos sabores, texturas e experiencias que contribúen á adquisición de hábitos saudables como comer san e outros como poñer a mesa, repartir as merendas, recoller, fregar e limpar. Rematamos tamén co cepillado de dentes.
Neste vídeo podedes ver os bonitos manteis e pousavasos que elaboraron.

Cumpreanos

Celebramos os primeiros Cumpreanos deste curso: Daniel, Laura e Xavi fixeron 3,5 e 4 anos respectivamente. Moitas Felicidades aos tres!!














Primeiras Actividades do Novo Curso

Xa estamos de volta na escola, facendo grupo con un novo compañeiro: Daniel que ten tres anos recén cumpridos e moitas ganas de aprender e facer amigos.
Este vídeo é un resumo dalgunhas actividades que levamos facendo ata agora, todas pretenden ter continuidade ao longo deste ano e penso que nos van facer disfrutar e aprender xuntos.
Bo comezo a todos, paciencia coas adaptacións a novos horarios e ritmos!

domingo, 4 de octubre de 2015



Comezamos un novo curso, novas ilusións, novos proxectos e moitas ganas de mellorar cada día!!




domingo, 24 de mayo de 2015

Visita ao Colexio de Tebra

O pasado martes, visitamos o Colexio de Tebra, colexio ao que moi pronto irá Cristian a cursar 1º de primaria. Acompañámolo case todos (faltaron Aitor, Marina e Manuel Silva) alí coñeceu aos seus novos compañeiros/as de clase para o vindeiro curso. Mostráronnos as diferentes dependencias do centro, houbo saúdos e agarimos cos irmás, fixemos un mural, un marcapáxinas e pasamos un día moi agradable na compañía doutros nenos/as e profes. Aquí vos deixo algúns dos momentos que recollemos. 

sábado, 16 de mayo de 2015

Gabriel e Manuel Sisto 5º cumpreanos.

Moitas felicidades aos dous!!!


Viaxe en tren ao teatro

O pasado xoves fumos ao teatro a Vigo a ver a obra: A nena e o grilo no país das apertas. Ademáis fixemos parte do traxecto en tren, un día cargado de emocións!!

sábado, 25 de abril de 2015

Acubám

OAquí deixo o vídeo resumo das catro sesións impartidas por Noemí este curso, un pracer contar coa súa colaboración. Ilusión e aprendizaxe xuntos partindo da propia experiencia. Grazas!

sábado, 18 de abril de 2015

VISITA AO MONTE DE ESTÁS

Un curso máis fixemos unha visita ao monte de Estás, magnífico entorno natural no que disfrutamos da compañía e da escoita de contos da man de Anxo Moure. Prantamos árbores e visitamos as súas fontes. Pasámolo moi ben coa compañía do bo tempo.

CUMPREANOS AITOR

AITOR XA CUMPRÍU 5 ANOS!!
FELICIDADES CAMPEÓN!!

sábado, 21 de marzo de 2015

Planetario e visita Muíños do Porto

Como xa sabedes, durante unha semana estivo instalado na nosa escola un planetario do que todos e todas puidemos disfrutar visualizando constelacións, planetas, e demais. Unha experiencia que gustou moito aos nenos. Aproveitando o bo tempo, na segunda parte da xornada visitamos os Muíños do Porto que están moi preto da nosa escola.Unha xornada intensa de emocións e novas experiencias.

Taller de platilina

Mentres os compañeiros de 5 anos de todo o CRA preparan agasallos de barro en Vilachán, o resto das escolas agrupámonos e realizamos outros talleres. Esta vez a xuntanza foi en Vilameán e viñeron as escolas de Barro e Aurora. Fixemos plastilina, aquí están algunas fotos do proceso.

Visita San Xerome Emiliani

Este curso convidáronnos a visitar o Colexio de Educación Especial San Xerome Emiliani da Garda, centro ao que asiste o noso compañeiro Aitor una vez por semana. Coñecemos o centro, ás súas profes e aos seus amigos e fixemos diversos talleres que nos gustaron moito. Moitas grazas pola invitación e polo ben que nos recibístedes. Moitos bicos!!

ÚLTIMOS CUMPREANOS

domingo, 22 de febrero de 2015

ENTROIDO 2015

AQUÍ TEDES ALGUNHAS FOTOS DO ENTROIDO DESTE CURSO.ESPERO QUE VOS GUSTE!

O PAIASO

Un novo vídeo da práctica psicomotriz.