sábado, 27 de octubre de 2018

Preparando a nosa horta

Xa temos en marcha a horta da escola! Pouco a pouco cada día un anaco fomos plantando algunhas sementes e prantas que mercamos e outras que aportaron as familias.
 Puxemos repolos, navizas, verdura, canónigos, pensamentos, landras e xirasois.
 Agora a esperar que sigan adiante e que aparezcan os brotes! A ver que tal ❀🌺


Saída aos muíños


Este pasado luns fixemos outra saída aos muíños do porto que están pretiño da escola, atopamos bechiños polo camiño, recollemos castañas, bebemos na fonte e tamén aproveitamos para coñecer a tenda da familia de Leire que moi amablemente nos recibiron de maneira improvisada. Gracias!

































Recolleita de outono



Unha saída curtiña polas cercanías da escola para ver en directo que está pasando no noso entorno e poder vivenciar as recolleitas de froitos, aprender de onde veñen e os procesos que conlevan a elaboración neste caso do viño e da fariña de millo. Queda pendente  o proceso de moer o gran.