Esta entrada vai con un pouco de retraso xa a fixemos fai tempo, casi os primeiros días de escola, como veredes facía moi bo tempo aínda.
Xurdiu a raíz de falar sobre o "mar" como xa sabedes o noso proxecto deste ano.
A experiencia que fixemos foi moi sinxela: auga nun vaso e engadir sal, remover ata que a auga non admitira máis e logo poñer nun prato ao sol. Puidemos ver como na disolución primeiro desapareceu o sal e un día máis tarde cando a deixamos ao sol foi a agua a que xa non estaba dando lugar a novos cristais de sal.
Como é natural quixeron probar mollando o dedo e algúns parece que lle gustaba moito que querían repetir.
No hay comentarios:
Publicar un comentario