sábado, 15 de diciembre de 2018

Bodegón de Urbano Lugrís

Neste primeiro trimestre estamos acercándonos un pouquiño á coñecer a obra do pintor Urbano Lugrís. Neste caso eleximos un bodegón no que podemos ver un xarrón decorado con ramas naturais das que penduran diferentes cunchas. Observamos a obra e reflexionamos a cerca da mesma, acto seguido puxémonos mans á masa, elaborando o xarrón con barro e compoñendo unha réplica persoal da mesma. Agora forma parte da decoración da nosa aula.

Cumpreanos de Mario

Que ganas tiñamos de celebrar outro cumpreanos! Moitas Felicidades !! Gracias a Sandra, mamá de Mario por acompañarnos e pola tarta tan rico que trouxo.

Visita Centro de día

Esta entrada vai con un pouco de retraso. Aquí podedes ver algunhas fotos que sacamos durante a visita ao Centro de día de Tomiño a onde asisten algunhas persoas maiores da nosa comarca.
Previamente na aula falamos da visita, que iamos a facer, con quen iamos estar o cal causou interés e emoción nos nenos que e tamén prepararon unhas tarxetas para felicitar a Manuel e Felisa polo seu cumpreanos.
 Foi unha mañá moi especial pois as traballadoras do centro colaboraron en todo momento con nós estreitando lazos e favorecendo o encontro entre os nenos e os avós  alí presentes. Falamos con eles, xogamos a diversos xogos, na perruquería puxéronse moi guapos e tamén estivemos nunha sala de relax moi chula.
O paseo polo centro de Tomiño tamén nos gustou moito pois iamos observando todo, e como era día de mercado, ata nos agasallaron con un plátano para cada un! Unha mañá completiña e grandes experiencias.

sábado, 17 de noviembre de 2018

Proxecto crearte


Toda esta semán recibimos a visita das demais escolas do CRA.
Ademais de coñecernos máis e aprender a apreciar as diferencias fixemos algunhas actividades como:

  • Presentarnos falar sobre os nosos gustos e interes
  • Bailamos
  • Escoitamos o conto de "Daniela pirata"
  • Decoramos colas de serea, coroas, gorros de pirata, catalexos...
  • Amasamos barro e decoramos con cunchas
  • Ilustramos con debuxos usando papel de calco unhas tablillas que proximamente decorarán as escaleiras da nosa biblioteca.






















Galletas de avea

Por fin estreamos o forno!!  que ganas tiñamos!!
Fixemos galletas de avea que quedaron moi ricas, a todos lles gustaron. Moi sinxelas de facer e bastante saudables. Agora tócanos rematar de recoller por escrito a receita para que poidades facelas na casa se queredes,
Moitas gracias aos papás de Diego por este super agasallo, seguiremos practicando e experimentando 🙂