"Sembrad en los niños ideas buenas, aunque no las entiendan; los años se encargarán de descifrarlas en su entendimiento y de hacerlas florecer en su corazón" María Montessori.
miércoles, 21 de febrero de 2018
Ioga para nenos
Este curso cada luns facemos pequenas sesións de ioga que pretenden traballar diferentes obxectivos como son: tomar conciencia do propio corpo, aprender diferentes técnicas de respiración e de manexo das emocións, escoitar e observar atentamente, executar sinxelas posturas de ioga e aprender a relaxarse. Intentamos favorecer a saúde e o benestar con actividades que eles poden practicar sempre e cando se adapte ás necesidades de cada un.
lunes, 19 de febrero de 2018
Actividades matemáticas l
A continuación dous vídeos traballando o concepto de cantidade, relacionando símbolos, concepto de lonxitude e primeiras iniciacións co sistema métrico decimal. Son bastante largos pero creo que merece a pena ver como se concentran, rematan actividade e se manexan cos materiais cada vez con máis soltura e confianza.
sábado, 17 de febrero de 2018
Actividades de preescritura
Mostro algunhas actividades traballando os trazos das letras en diferentes soportes, o seu recoñecemento , aprendendo a identificar os sons, sempre con manipulación por parte dos nenos, con acompañamento e ofrecendo diferentes propostas que intentan ser atractivas e estimulantes para os sentidos. Son actividades preparatorias, cada neno vai incorporando estas aprendizaxes dependendo dos seus intereses e momentos madurativos, sen presións e dando resposta as ganas de aprender.
miércoles, 14 de febrero de 2018
domingo, 4 de febrero de 2018
Día da Paz en Forcadela
Suscribirse a:
Entradas (Atom)