"Sembrad en los niños ideas buenas, aunque no las entiendan; los años se encargarán de descifrarlas en su entendimiento y de hacerlas florecer en su corazón" María Montessori.
viernes, 26 de diciembre de 2014
VISITA DE PAPÁ NOEL
O PASADO XOVES TIVEMOS UNHA VISITA MOI ESPECIAL: PAPÁ NOEL ESTIVO NA NOSA ESCOLA! UNHA GRAN SORPRESA PARA TODOS!
TALLER DE POKéMON
DOUS VÍDEOS PARA QUE POIDADES VER UN POUCO ALGUNHAS DAS ACTIVIDADES QUE LEVAMOS A CABO NO TALLER DE POKéMON EN CREARTE.NESTE TALLER PARTICIPARON OS NENOS E NENAS QUE QUIXERON DE TÓDALAS ESCOLAS DO CRA. FOI UN TALLER ACUMULATIVO, NO QUE CONTINUARON ALGUNHAS ACTIVIDADES XA COMEZADAS POR OUTROS GRUPOS. A TEMÁTICA DO TALLER FOI PROPOSTA POLOS NENOS E PENSO QUE DISFRUTARON E APRENDERON COAS ACTIVIDADES PROPOSTAS. ESPERO QUE VOS GUSTE!
lunes, 17 de noviembre de 2014
CUMPREANOS DE SHEILA E AINOA
ESTA SEMANA SHEILA E AINOA CELEBRARON O SEU TERCEIRO CUMPREANOS. MOITAS FELICIDADES PARA AS DÚAS!!!
sábado, 15 de noviembre de 2014
PSICOMOTRICIDADE VIVENCIADA
ESTE CURSO TAMÉN TEMOS UN NOVO PROXECTO RELACIONADO COA PSICOMOTRICIDADE. A PROPOSTA XIRA EN TORNO A VIVENCIAR XOGOS EXPERIENCIAS E LOGO VERBALIZAR O XOGADO, CONSTRUIR, DEBUXAR,... A CERCA DO VIVENCIADO.
¿QUE PASARÍA SE NON PARASE DE CHOVER?
¿QUÉ PASARÍA SE...? CADA SEMANA OS NENOS E NENAS BUSCAN REPOSTAS A DIFERENTES CUESTIÓNS QUE COMEZAN CON ESTA MESMA ESTRUCTURA, AQUÍ ESTÁN ALGUNHAS REFLEXIÓNS DOS NENOS E NENAS A PREGUNTAS DEPOSITADAS NO NOSO BUZÓN DA ESCOLA.SE VOS ANIMADES PODEDES DEIXARNOS A VOSA.
AITOR
NESTES VÍDEOS MOSTRAMOS ALGUNHAS ACTIVIDADES NAS QUE TRABALLA AITOR A DIARIO NA ESCOLA E COAS QUE ESTÁ CONSEGUINDO IMPORTANTES AVANCES.
MODELAMOS CON BARRO
Tódolos martes traballamos nun proxecto no que usamos a masa como elemento para crear e expresar. Aquí tedes unha mostra das primeiras creacións.
sábado, 1 de noviembre de 2014
DECORANDO CABAZAS
Esta semán preto da celebración do samaín, estivemos vaciando e decorando unhas cabazas que nos trouxo a mamá de Manuel Silva. É un traballo que aínda está en proceso, continuaremos con elas a vindeira semán e mostrarémosvos como quedaron.Gustounos moito facer as pelucas!
sábado, 28 de junio de 2014
EL REY DE PAPEL
Así saíu a representación do poema "El rey de papel" á que asistiron os papás, mamás, e avós dos nenos desta escola. Para os que non estivestes, aquí a colgamos. Esperamos que vos guste.
O REINO DE PAPEL
Durante estes derradeiros días de curso estivemos lendo poemas de María de la Luz Uribe. Quedámonos con un que gustou especialmente aos nenos: El rey de papel. Por todo eso comezamos a construir o reino de papel do poema, a través do reciclado de papel e usando caixas de cartón. Así preparamos a escena para finalmente rematar representando este fermoso poema o día en que despedimos este curso.
SAÍDA AO ZOO
Derradeira saída do curso: todos cheos de ilusión polo bo tempo e por ver os animais.Pasámolo moi ben e gustounos moito.
jueves, 12 de junio de 2014
LETRAS GALEGAS
AQUÍ MOSTRAMOS ALGUNHAS FOTOS DO DÍA DAS LETRAS GALEGAS. TÓDALAS ESCOLAS DO CRA NOS XUNTAMOS NA ESCOLA DA AURORA E PASAMOS UNHA MAÑÁ DE FESTA CON VARIAS ACTUACIÓNS, ENTRE ELAS AS DOS NENOS E NENAS DE VILAMEÁN QUE BAILARON A CANCIÓN DE "XANDUCA" INTERPRETADA POR MARÍA FUMASA.
jueves, 15 de mayo de 2014
A HORTA DESTE ANO
ESTAMOS EN TEMPO DE PRANTAR, ASÍ QUE AO IGUAL QUE NESTES ÚLTIMOS CURSOS ANIMÁMONOS A PREPARAR A NOSA HORTA. ESTA VEZ TIVEMOS QUE FACELA COAS DONACIÓNS DAS FAMILIAS. PRANTAMOS PEMENTOS, TOMATES, LEITUGA, UN REPOLO, MENTA, PEREXIL E ALGUNHAS PRANTAS MÁIS QUE NON TEMOS IDENTIFICADAS.AGORA QUEDA UN NOVO TRABALLO POR DIANTE, COIDALA CON AGARIMO E VER TÓDOLOS CAMBIOS ATA A RECOLLEITA.
lunes, 12 de mayo de 2014
ESTÁS NA AUGA
O PASADO MÉRCORES FUMOS A ESTÁS NA AUGA. UN FERMOSO ESPAZO NATURAL PRETO DAS NOSAS ESCOLAS NO QUE DISFRUTAMOS PRANTANDO ÁRBORES COMO XA FIXEMOS NOUTRAS OCASIÓNS,CAMIÑANDO,APRENDENDO,OBSERVANDO, COMPARTINDO...AQUÍ PODEDES VER COMO PASAMOS ESA FERMOSA MAÑÁ NA QUE O BO TEMPO ESTA VEZ SÍ NOS ACOMPAÑOU.
jueves, 17 de abril de 2014
O MURAL
ESTA FOI A DERRADEIRA SESIÓN CON NOEMÍ. ESTA VEZ FIXEMOS UN MURAL PARA A EXPOSICIÓN DE PLANTAS QUE PRÓXIMAMENTE SE LEVARÁ A CABO EN GOIÁN.ALÍ ESTAREMOS COS NOSOS TRABALLOS E PRANTAS.
O CABALO
ESTAS SON ALGUNHAS DAS IMAXES QUE MOSTRAMOS DO PROXECTO LEVADO A CABO ESTE CURSO POR SANDRA (PROFE EN PRÁCTICAS).ESTIVEMOS INVESTIGANDO A CERCA DOS CABALOS E ATA VISITAMOS UN, O NOSO VECIÑO MANOLO MOI AMABLEMENTE NOS CONTOU A CERCA DOS SEUS COIDADOS, COSTUMES, E ATA NOS DEIXOU UN LIBRO PARA SEGUIR APRENDENDO.ESPERAMOS QUE VOS GUSTE.
sábado, 29 de marzo de 2014
COSQUILLAS PARA AITOR
LAURA E AITOR XOGAN E DISFRUTAN XUNTOS. REGÁLANNOS CADA DÍA FERMOSOS ESCENAS QUE VOS QUEREMOS MOSTRAR.
DESPEDIDA DE SANDRA
ESTE VENRES FOI O DERRADEIRO DÍA DE PRÁCTICAS DE SANDRA NA NOSA ESCOLA. NESTE VÍDEO RECOLLEMOS ALGUNS MOMENTOS QUE COMPARTIMOS CON ELA. FOI UN PRACER PARA TODOS COÑECERTE E DESEXÁMOSCHE O MELLOR NOS TEUS NOVOS PROXECTOS DE VIDA. MOITOS BICOS ATA PRONTO.
sábado, 1 de marzo de 2014
A AMBULANCIA
ESTA SEMANA A MAMÁ DE GABRIEL VEU Á ESCOLA A CONTARNOS A CERCA DO SEU TRABALLO E TAMÉN TROUXO A AMBULANCIA.
CONTACONTOS
O PASADO MÉRCORES 19 PASAMOS A NOSA XORNADA NA COMPAÑA DOS NOSOS AMIGOS DE AMORÍN, CARREGAL E TABORDA. VIÑERON OLALLA E MARC A CONTAR E DEBUXAR CONTOS. ESTES FORON ALGÚNS DOS RATIÑOS QUE VIVIMOS ESA MAÑÁ. ESPERO QUE VOS GUSTE!
domingo, 16 de febrero de 2014
jueves, 6 de febrero de 2014
Suscribirse a:
Entradas (Atom)