Un curso máis, todos merendamos o mesmo na nosa escola (salvo os casos escepcionais por prescripción médica). O panadeiro-tendeiro da localidade, sempre atento Antonio, nos trae a diario iogures, froita, pan fresco para os bocatas, froitos secos naturais, galletas e leite. Os nenos e nenas acércanse a novos sabores, texturas e experiencias que contribúen á adquisición de hábitos saudables como comer san e outros como poñer a mesa, repartir as merendas, recoller, fregar e limpar. Rematamos tamén co cepillado de dentes.
Neste vídeo podedes ver os bonitos manteis e pousavasos que elaboraron.
"Sembrad en los niños ideas buenas, aunque no las entiendan; los años se encargarán de descifrarlas en su entendimiento y de hacerlas florecer en su corazón" María Montessori.
jueves, 8 de octubre de 2015
Cumpreanos
Celebramos os primeiros Cumpreanos deste curso: Daniel, Laura e Xavi fixeron 3,5 e 4 anos respectivamente. Moitas Felicidades aos tres!!
Primeiras Actividades do Novo Curso
Xa estamos de volta na escola, facendo grupo con un novo compañeiro: Daniel que ten tres anos recén cumpridos e moitas ganas de aprender e facer amigos.
Este vídeo é un resumo dalgunhas actividades que levamos facendo ata agora, todas pretenden ter continuidade ao longo deste ano e penso que nos van facer disfrutar e aprender xuntos.
Bo comezo a todos, paciencia coas adaptacións a novos horarios e ritmos!

Suscribirse a:
Entradas (Atom)