viernes, 30 de diciembre de 2016

Máis manualidades!

O cempés

Este curso tamén dende cada aula colaboramos na decoración do Festival. Este ano fixemos un cempés usando globos como soporte que logo recubrindo con periódico mollado en auga e cola. Tivemos algún problemiña no acabado, porque nos desinflaron un pouco os globos antes de tempo pero fixémolo con moito cariño que é o máis importante  😊💚💓💛














Aprendemos coas letras e as palabras

miércoles, 28 de diciembre de 2016

A salamandra

Iris, a mascota da nosa biblioteca deixounos unha mochila sorpresa!
Nela traía unha salamandra que ao parecer, atopou na biblioteca do cra. Quixo que tódolos nen@s do cra a mirasen e preparou algunhas actividades para facer na clase: tivemos que buscar información sobre este bichiño, debuxámolo, coloreamos salamandras e tamén puidemos experimentar coa táblet e a realidade aumentada. Moi ilusionados con esta sorpresa! Gracias Iris!!






















sábado, 3 de diciembre de 2016

1ª sesión de crearte: taller de constructores

Esta semana tódalas escolas do cra pasaron por Vilameán. O motivo, desenrolar os talleres preparados este curso para fomento da creatividade que como ben sabedes forma parte da filosofía do noso centro e como consta no noso nome "Centro Educativo-Creativo CRA Mestre Manuel Garcés" conmemoración otorgada polo Ministerio de Educación e Ciencia no ano 2008/09 se mal non recordo.
Aquí vos mostro algunhas partes dun dos talleres "constructores" o cal constou de varias actividades: algunhas nas que había que pensar e argumentar a cerca das formas dos obxectos descartando ou incluindo os de formas similares. Outra na que había que crear e expoñer.

Traballo co corpo

A través do noso corpo interaccionamos co mundo, coas persoas, outros seres vivos, coidalo e mantelo sans é unha responsabilidade da que debemos tomar conciencia dende as primeiras idades.
Facemos exercicios de respiración, relaxación, estiramentos  así como algunhas posturas de ioga para nen@s.

sábado, 19 de noviembre de 2016

Na conquista da autonomía

"Cualquier ayuda innecesaria es un obstáculo para el desarrollo" (María Montessori)

Elaborar unha imaxe de sí mesmos positiva, avanzar no control do corpo e dos movementos, resolver problemas da vida cotiá, avanzar na adquisición de hábitos de seguridade, hixiene, alimentación para o fortalecemento da saúde, aprender o manexo de utensilios, son aspectos  básicos a desenrolar para a vida.
Mirade como practican!

Cumpreanos de Sheila e Ainoa

Sheila e Ainoa xa teñen 5 anos!!! Moitas felicidades ás dúas 💙💚💓👑












Aprendendo a reciclar

O pasado venres pasamos a xornada cos nosos amigos da escola de Barro. O motivo foi que o concello nos ofertou unha charla sobre a reciclaxe. Separar o lixo é unha tarefa que facemos diariamente na escola, por eso nos pareceu interesante que alguén nos viñera a contar e aprender máis sobre o tema. Aquí vos deixo algunhas fotos e videos da xornada.

lunes, 31 de octubre de 2016

Magosto

Así celebramos o noso tradicional magosto este curso. Un día estupendo e un montón de actividades!

Actividades diarias

Neste vídeo podedes ver algunhas actividades que facemos prácticamente a diario na escola. Inténtase favorecer a autonomía persoal de cada neno e cada nena, a súa autoestima, aportando todos para o grupo porque todos somos igual de importantes. Respetarndo sempre as rutinas, porque nos aportan seguridade, favorecen a autonomía e tomando o tempo necesario para cada unha delas, escapando dos agobios e das presas.

Manualidades de outono

Aquí vos deixo algunhas das manualidades que os nen@s fixeron na escola coa profe Neli: un ourizo cacho, un duende, un morcego e unha araña... tamén a cabaza deste ano para o samaín.

Trasvases

Este curso comezamos a experimentar con trasvases, tanto de sólidos como de líquidos. Estas actividades pretenden adiestrar a musculatura para unha maniobra bastante máis complexa como é a escritura. Ao mesmo tempo,traspasar sustancias (como verter ou pasar coa culler) estimulan o desarrollo da coordinación óculo-manual, a concentración e a destreza.

Xogando coa mesa de luz e as cores

Na nosa escola temos unha mesa de luz, que non é máis que unha caixa de madeira con unha barra de luz dentro. É un excelente recurso para explorar e descubrir. Pódese usar para o xogo libre e para estimular os sentidos, favorece a observación a atención e tamén sirve para realizar con ela outros aprendizaxes como pode ser a lectoescritura, a linguaxe, matemáticas ou ciencia.Pero sobre todo permiten crear un espacio de aprendizaxe atractivo e acolledor que anima a aprender. É unha excelente fonte de información multisensorial.
Aquí podedes ver unha pequena actividade que fixemos, pero seguiremos sacándolle partido.

jueves, 13 de octubre de 2016

Cumpreanos de Xavi

Celebramos que Xavi xa ten 5 anos!!!  Moitas Felicidaaaadesss!!