Chegaron as esperadas Vacacións de Verán! ás veces é difícil atopar tempo para disfrutar en familia, agora temos unha gran oportunidade para facer que sexa divertido e saudable.
Viaxar, facer deporte, xogar, ler, empaparse de auga e de sol son algunhas opcións para levar a cabo.
Dar un paseo ata a escola, xogar un rato no parque e regar a horta tamén pode ser toda unha aventura, para os nenos/as se van acompañados dos seus felices pais seguro o é. Invítovos a que o fagades e así poder seguir coidando entre todos o noso entorno e regalando o noso tempo a un proxecto común tan fermoso como son as hortas escolares. E como non recoller e disfrutar na mesa dos productos cultivados con agarimo e libres de sustancias químicas.
Feliz Verán a tod@s!
"Sembrad en los niños ideas buenas, aunque no las entiendan; los años se encargarán de descifrarlas en su entendimiento y de hacerlas florecer en su corazón" María Montessori.
lunes, 4 de julio de 2016
viernes, 1 de julio de 2016
Visitamos o cole de Tebra
Aquí vos deixo algunhas fotos da mañá en que fumos ao cole de Tebra. Pronto Manuel, Laura, Gabriel e Noelia comezarán alí unha nova etapa con novos amigos, novas aprendizaxes e experiencias.
As andanzas de Paio
Este curso o Concello de Tomiño invitounos a asistir a unha actividade no colexio de Barrantes "As andanzas de Paio". Un libro disco que trata dun teixugo que anda polo mundo de viaxe e coñece a moitos animais. O grupo O Viravai interpreta as cancións e tamén como non acompañados de Paio que sorprende e agrada a tódolos nenos e nenas.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)