lunes, 4 de julio de 2016

HORTA

Chegaron as esperadas Vacacións de Verán! ás veces é difícil atopar tempo para disfrutar en familia, agora temos unha gran oportunidade para facer que sexa divertido e saudable.

Viaxar, facer deporte, xogar, ler, empaparse de auga e de sol son algunhas opcións para levar a cabo.

Dar un paseo ata a escola, xogar un rato no parque e regar a horta tamén pode ser toda unha aventura, para os nenos/as se van acompañados dos seus felices pais seguro o é. Invítovos a que o fagades e así poder seguir coidando entre todos o noso entorno e regalando o noso tempo a un proxecto común tan fermoso como son as hortas escolares.  E como non recoller e disfrutar na mesa dos productos cultivados con agarimo e libres de sustancias químicas.

Feliz Verán a tod@s!











No hay comentarios:

Publicar un comentario