"Sembrad en los niños ideas buenas, aunque no las entiendan; los años se encargarán de descifrarlas en su entendimiento y de hacerlas florecer en su corazón" María Montessori.
sábado, 15 de diciembre de 2018
Bodegón de Urbano Lugrís
Neste primeiro trimestre estamos acercándonos un pouquiño á coñecer a obra do pintor Urbano Lugrís. Neste caso eleximos un bodegón no que podemos ver un xarrón decorado con ramas naturais das que penduran diferentes cunchas. Observamos a obra e reflexionamos a cerca da mesma, acto seguido puxémonos mans á masa, elaborando o xarrón con barro e compoñendo unha réplica persoal da mesma. Agora forma parte da decoración da nosa aula.
Cumpreanos de Mario
Visita Centro de día
Esta entrada vai con un pouco de retraso. Aquí podedes ver algunhas fotos que sacamos durante a visita ao Centro de día de Tomiño a onde asisten algunhas persoas maiores da nosa comarca.
Previamente na aula falamos da visita, que iamos a facer, con quen iamos estar o cal causou interés e emoción nos nenos que e tamén prepararon unhas tarxetas para felicitar a Manuel e Felisa polo seu cumpreanos.
Foi unha mañá moi especial pois as traballadoras do centro colaboraron en todo momento con nós estreitando lazos e favorecendo o encontro entre os nenos e os avós alí presentes. Falamos con eles, xogamos a diversos xogos, na perruquería puxéronse moi guapos e tamén estivemos nunha sala de relax moi chula.
O paseo polo centro de Tomiño tamén nos gustou moito pois iamos observando todo, e como era día de mercado, ata nos agasallaron con un plátano para cada un! Unha mañá completiña e grandes experiencias.

Suscribirse a:
Entradas (Atom)