sábado, 15 de diciembre de 2018

Visita Centro de día

Esta entrada vai con un pouco de retraso. Aquí podedes ver algunhas fotos que sacamos durante a visita ao Centro de día de Tomiño a onde asisten algunhas persoas maiores da nosa comarca.
Previamente na aula falamos da visita, que iamos a facer, con quen iamos estar o cal causou interés e emoción nos nenos que e tamén prepararon unhas tarxetas para felicitar a Manuel e Felisa polo seu cumpreanos.
 Foi unha mañá moi especial pois as traballadoras do centro colaboraron en todo momento con nós estreitando lazos e favorecendo o encontro entre os nenos e os avós  alí presentes. Falamos con eles, xogamos a diversos xogos, na perruquería puxéronse moi guapos e tamén estivemos nunha sala de relax moi chula.
O paseo polo centro de Tomiño tamén nos gustou moito pois iamos observando todo, e como era día de mercado, ata nos agasallaron con un plátano para cada un! Unha mañá completiña e grandes experiencias.

No hay comentarios:

Publicar un comentario