Non queriamos deixar pasar o entroido sen probar as filloas, así que, puxémonos man á masa. Vaciamos os ovos sen rompelos para logo poder decoralos pois temos un libro de manualidades na clase, que lles gusta moito e querían dende fai tempo facelos. Aínda están en proceso de decoración pero así aproveitamos e usamos os ovos para as filloas.
Gustoulles moito, tanto cociñar como comelas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario