sábado, 17 de noviembre de 2018

Amar o mar


Estas son algunhas actividades que estamos levando a cabo relacionadas co proxecto deste curso "Amar o mar":

  • Recreamos unha "pequena illa con praia" con area mollada que lles encantou amasar e logo decorar con conchas e diferentes elementos marinos que trouxeron á escola moi ilusionados. Agora forma parte do noso recuncho na aula. 
  • Fixemos peixes de pasta de sal , como nos escantan as masas puxémonos mans á obra e aínda que ao secar se rompe fácilmente iso nos fixo ir con máis coidado. Diferentes peixes , un pulpo e ata unha serea quixeron facer estes pequenos artistas.
  • Imos aprendendo moitas curiosidades sobre diferentes animais marinos debuxámolos e tamén escribimos os seus nomes.
  • Coa axuda da profe Natalia elaboraron un mural marino con botella e todo (aínda non está de todo rematado) atentos a ver que vai pasar!

No hay comentarios:

Publicar un comentario