Aquí vos deixo algunhas fotos da saída aos muíños do Porto. Podedes ver como dende que saímos da escola fomos escoitando a auga que baixa dende dito lugar, iamos observando con moita curiosidade e con gran ledicia pois como dixo Alexandre " a mi me parece que ir de excursión es como estar de vacaciones". Pois eso, estou dacordo con Alexandre e ademais engadiría o moito que aprendemos nesa mañá: a ir con precaución pola rúa, a esperar aos demais e informar dos posibles perigos, a coidar o noso entorno (recollemos o lixo que atopamos polo camiño), etc.
Bueno, moitos de vos xa coñeceredes este fermoso lugar, a eles fascinoulles e quedaron con ganas de volver, ademais neste momento hai moita auga e só escoitar ese sonido rodeado de natureza é espectacular!
De volta á escola pintamos un cadro sobre os muíños que tamén podedes ver nesta presentación!
No hay comentarios:
Publicar un comentario