sábado, 11 de noviembre de 2017

Responsables

Neste vídeo podedes ver algunhas actividades que facemos a diario na escola. Todos temos dereitos pero tamén responsabilidades. Cada luns no panel, os nenos poden ver que responsabilidade teñen asignada esa semana, así aprendemos a comprometernos e aportar o noso gran de area para o ben común e beneficio de todos. As tarefas que levan a cabo están pensadas e cuidadosamente planificadas para que eles as poidan levar a cabo na súa totalidade. Necesitan ter confianza e ser axudados, mostrándolles como facelo e ofrecendo a nosa compañía e axuda cando a precisen ( non se trata de facerlle a tarefa, senon de mostrala, eles son os encargados de realizala).
Para que un nen@ sexa responsable hai que proporcionarlle autonomía persoal: favorecer que faga por el mesmo o que é capaz de facer en cada momento. Recordade que na casa tamén podedes ir introducindo responsabilidades acordes á súa idade e madurez. Aí van algunhas ideas: ordenar e gardar xoguetes, zapatillas, pixama, regar as prantas, axudar a poñer a mesa, dar recados, coidar animais,etc

"Los mejores regalos que puedes dar a tus hijos son las raíces de la responsabilidad y las alas de la independencia"  
                        (Denis Waitley)

3 comentarios: