sábado, 5 de marzo de 2016

A mover o esqueleto!!

Aquí vos deixo algunhas fotos dun  dos talleres nos que participaron os nenos e nenas de Vilameán. Nesta ocasión tocounos compartir experiencias cos nosos compañeiros de Seixo 2. Este taller titulámolo "a mover o esqueleto", os contidos xiraban arredor de coñecer o  corpo. Actividades de movemento, música, pensamento creativo e plásticas.
Como sempre, agradable e enriquecedor compartir actividades e xogos con outras escolas.
O tempo pasounos moi rápido e non nos deu tempo a rematar algunha das actividades, continuaremos con elas estos días na aula e mostrarémosvos o resultado final do traballo destes pequenos artistas.

1 comentario:

  1. ¡Me encanta! Una sesión estupenda con todo tipo de actividades ¡Bravo!

    ResponderEliminar