jueves, 31 de enero de 2019

Son responsable

Unha nova entrega dalgunhas tarefas que realizan cada día: limpar a mesa, cambiar ao bebé, coidar as plantas, limpar espellos e estanterías, barrer, lavar os panos, atender o teléfono e abrir a porta e algunhas outras máis.



sábado, 15 de diciembre de 2018

Bodegón de Urbano Lugrís

Neste primeiro trimestre estamos acercándonos un pouquiño á coñecer a obra do pintor Urbano Lugrís. Neste caso eleximos un bodegón no que podemos ver un xarrón decorado con ramas naturais das que penduran diferentes cunchas. Observamos a obra e reflexionamos a cerca da mesma, acto seguido puxémonos mans á masa, elaborando o xarrón con barro e compoñendo unha réplica persoal da mesma. Agora forma parte da decoración da nosa aula.