lunes, 25 de marzo de 2019

Arcoiris


Chegou a primaveira e nós estamos de estreo, hoxe xogamos cos novos arcoiris de madeira que incorporamos á clase. Intentamos construir diferentes estructuras e como temos dous, tamén observamos as simetrías.
























Experimento


Hoxe disfrutamos con un experimento no que debiamos debuxar animais marinos e facelos nadar. Usamos como base un azulexo, rotulador de pizarra vileda, os goteiros e auga. Gracias á profe Natalia por propoñelo , encantounos!!

jueves, 21 de marzo de 2019

Ponlle as pilas ao teu bocata


O pasado venres fixemos unha xuntanza na nosa escola. Unha xornada na que fixemos un pouco de todo: bailamos, pintamos as figuras de barro que fixeramos na anterior sesión de crearte, aprendemos máis sobre pescado e alimentación e preparamos un rico bocata que logo tomamos no patio todos xuntos. Unha xornada máis de convivencia e traballo arredor dos nosos proxectos de centro.