miércoles, 21 de febrero de 2018

Entroido

Algúns dos mellores momentos que nos deixou o pasado entroido.

Ioga para nenos

Este curso cada luns facemos pequenas sesións de ioga que pretenden traballar diferentes obxectivos como son:  tomar conciencia do propio corpo, aprender diferentes técnicas de respiración e de manexo das emocións, escoitar e observar atentamente, executar sinxelas posturas de ioga e aprender a relaxarse. Intentamos favorecer a saúde  e o benestar con actividades que eles poden practicar sempre e cando se adapte ás necesidades de cada un.


lunes, 19 de febrero de 2018

Actividades matemáticas l

A continuación dous vídeos traballando o concepto de cantidade, relacionando símbolos, concepto de lonxitude e primeiras iniciacións co sistema métrico decimal. Son bastante largos pero creo que merece a pena ver como se concentran, rematan actividade e se manexan cos materiais cada vez con máis soltura e confianza.

Actividades matemáticas ll

sábado, 17 de febrero de 2018

Actividades de preescritura

Mostro algunhas actividades traballando os trazos das letras en diferentes soportes, o seu recoñecemento , aprendendo a identificar os sons, sempre con manipulación por parte dos nenos, con acompañamento e ofrecendo  diferentes propostas que intentan ser atractivas e estimulantes para os sentidos. Son actividades preparatorias, cada neno vai incorporando estas aprendizaxes dependendo dos seus intereses e momentos madurativos, sen presións e dando resposta as ganas de aprender.

miércoles, 14 de febrero de 2018

domingo, 4 de febrero de 2018

Día da Paz en Forcadela

O pasado martes disfrutamos dunha xornada de convivencia na escola de Forcadela. A profe Lorena contounos o conto " o lapis máxico de Malala" e escribimos mensaxes de paz nas cintas que nos deixou. Gustounos moito xogar co hamster que teñen e tamén montar nos seus coches polo patio.