lunes, 31 de octubre de 2016

Magosto

Así celebramos o noso tradicional magosto este curso. Un día estupendo e un montón de actividades!

Actividades diarias

Neste vídeo podedes ver algunhas actividades que facemos prácticamente a diario na escola. Inténtase favorecer a autonomía persoal de cada neno e cada nena, a súa autoestima, aportando todos para o grupo porque todos somos igual de importantes. Respetarndo sempre as rutinas, porque nos aportan seguridade, favorecen a autonomía e tomando o tempo necesario para cada unha delas, escapando dos agobios e das presas.

Manualidades de outono

Aquí vos deixo algunhas das manualidades que os nen@s fixeron na escola coa profe Neli: un ourizo cacho, un duende, un morcego e unha araña... tamén a cabaza deste ano para o samaín.

Trasvases

Este curso comezamos a experimentar con trasvases, tanto de sólidos como de líquidos. Estas actividades pretenden adiestrar a musculatura para unha maniobra bastante máis complexa como é a escritura. Ao mesmo tempo,traspasar sustancias (como verter ou pasar coa culler) estimulan o desarrollo da coordinación óculo-manual, a concentración e a destreza.

Xogando coa mesa de luz e as cores

Na nosa escola temos unha mesa de luz, que non é máis que unha caixa de madeira con unha barra de luz dentro. É un excelente recurso para explorar e descubrir. Pódese usar para o xogo libre e para estimular os sentidos, favorece a observación a atención e tamén sirve para realizar con ela outros aprendizaxes como pode ser a lectoescritura, a linguaxe, matemáticas ou ciencia.Pero sobre todo permiten crear un espacio de aprendizaxe atractivo e acolledor que anima a aprender. É unha excelente fonte de información multisensorial.
Aquí podedes ver unha pequena actividade que fixemos, pero seguiremos sacándolle partido.

jueves, 13 de octubre de 2016

Cumpreanos de Xavi

Celebramos que Xavi xa ten 5 anos!!!  Moitas Felicidaaaadesss!!


Visitamos a nosa biblioteca

Este curso decidimos facer unha visita con tódolos nen@s do CRA a biblioteca, para poder vela, e coñecer a nosa mascota Iris. Intentamos promover o seu uso, animámosvos a que a visitedes e fagades uso dela tanto  collendo en préstamo libros para os nenos como para vos mamás e papás.
Xogamos no parque da Mina e visitamos o mercado de Tomiño todo nunha fermosa mañá de sol.

lunes, 3 de octubre de 2016

Cumpreanos de Dani


Daniel xa ten catro anos! Moitas Felicidades!!
Aquí podedes ver o agasallo que preparamos entre todos para este día especial.
















De volta na escola

Xa estamos de volta na escola, ledos de volver a vernos e poder xogar e aprender xuntos. Aproveitando os beneficios de que somos un grupo heteroxéneo. Intentamos respetar os ritmos de aprendizaxe dos nenos e nenas e que eles sexan os verdadeiros protagonistas do seu aprendizaxe.