sábado, 21 de marzo de 2015

Planetario e visita Muíños do Porto

Como xa sabedes, durante unha semana estivo instalado na nosa escola un planetario do que todos e todas puidemos disfrutar visualizando constelacións, planetas, e demais. Unha experiencia que gustou moito aos nenos. Aproveitando o bo tempo, na segunda parte da xornada visitamos os Muíños do Porto que están moi preto da nosa escola.Unha xornada intensa de emocións e novas experiencias.

Taller de platilina

Mentres os compañeiros de 5 anos de todo o CRA preparan agasallos de barro en Vilachán, o resto das escolas agrupámonos e realizamos outros talleres. Esta vez a xuntanza foi en Vilameán e viñeron as escolas de Barro e Aurora. Fixemos plastilina, aquí están algunas fotos do proceso.

Visita San Xerome Emiliani

Este curso convidáronnos a visitar o Colexio de Educación Especial San Xerome Emiliani da Garda, centro ao que asiste o noso compañeiro Aitor una vez por semana. Coñecemos o centro, ás súas profes e aos seus amigos e fixemos diversos talleres que nos gustaron moito. Moitas grazas pola invitación e polo ben que nos recibístedes. Moitos bicos!!

ÚLTIMOS CUMPREANOS