domingo, 16 de junio de 2019

Cumpreanos de Alexandre

Quinto cumpreanos de Alexandre. Moitas felicidades!!









Saída Baiona

Aquí vos deixo algunhas fotos da pasada saída a Baiona, todo un agasallo para os nenos e nenas para este final de curso. Coido que o disfrutaron moito!









































sábado, 15 de junio de 2019

O sabor da aventura

Na derradeira xuntanza de tódalas escolas do CRA na nosa escola recibimos unha charla na que puidemos achegarnos un pouco máis ao mundo marino. Información a cerca dos diferentes peixes e do seu valor nutricional  así como diferentes profesións relacionadas co tema,con unha posta en escena que involucrou aos nenos e nenas durante toda a charla. Tamén aproveitamos para facer un ricos batidos dos que disfrutamos durante a merenda ademais de xogar e pasalo moi ben!

viernes, 17 de mayo de 2019

Celebramos o día das Letras Galegas

Traballamos nas aulas cosendo en vendas palabras que curan, tratábase dunha instalación interactiva na cal puideron entrar e percibir a sensación táctil do contacto coas vendas e escoitar os sons dos cascabeis que penduraban ao final. Gustoulles moito a sensación, era moi agradable.










Xogamos a  diferentes xogos





















No interior da instalación








Merendamos




E participamos na carreira solidaria