sábado, 19 de marzo de 2016

Xogos no areeiro.


Encantados cos novos xoguetes para o patio mercados pola ANPA.


Visita dentista

Esta vez a convivencia coa escola de Barro e Aurora realizámola para escoitar importantes consellos (da man do ratonciño Pérez) a cerca de cómo coidar a nosa hixiene bucal. O resto da mañá adicámola a diferentes talleres relacionados coa temática dos dentes. Aquí podedes ver un pouquiño o que fixemos.

sábado, 5 de marzo de 2016

A mover o esqueleto!!

Aquí vos deixo algunhas fotos dun  dos talleres nos que participaron os nenos e nenas de Vilameán. Nesta ocasión tocounos compartir experiencias cos nosos compañeiros de Seixo 2. Este taller titulámolo "a mover o esqueleto", os contidos xiraban arredor de coñecer o  corpo. Actividades de movemento, música, pensamento creativo e plásticas.
Como sempre, agradable e enriquecedor compartir actividades e xogos con outras escolas.
O tempo pasounos moi rápido e non nos deu tempo a rematar algunha das actividades, continuaremos con elas estos días na aula e mostrarémosvos o resultado final do traballo destes pequenos artistas.