miércoles, 20 de enero de 2016

Os nosos monstruos

A educación emocional está presente a diario na nosa aula. Esta semana trouxemos varios contos de monstruos e estivemos reflexionando a cerca das emocións. Queremos coñecelas mellor e ser conscientes de que as temos, saber que nos fan ver as cousas de maneira diferente e tamén nos traen unhas consecuencias que ás veces non nos gustan.  A idea é que nos axude a autorregularnos e  poder xestionalas mellor cada día.

domingo, 17 de enero de 2016

Cumpreanos de Manuel

Manuel xa ten 5 anos, súper- maior MOITAS FELICIDADES






As nosas mandalas

Neste video podedes ver algunhas mandalas que fixemos con diferentes materiais.

 Este curso acercámonos un pouquiño ao ioga, como sabedes o traballo co corpo nesta etapa é moi imporante, así como aprender a ser máis conscientes da respiración  e a ser capaz de relaxarse. As actividades que estamos a propoñer pretender lograr un maior autocontrol e mellorar a autoestima.
O traballo coas mandalas ademais favorece a creatividade, conéctanos con nós mesmos, desarrolla a auto-observación e a auto-aceptación, centra a atención,  cálmanos e  fainos sentir ben.

Estas actividades tamén son estupendas para facer en familia, así que... ánimo e a disfrutar.