sábado, 21 de abril de 2018

Segunda parte proxecto CREARTE

A pasada semana recibinos na nosa escola a visita das demais escolas do CRA, disfrutamos nunha semán na que o bo tempo nos acompañou da ledicia de convivir, coñecernos e compartir experiencias. Esta vez decidimos levar aos nosos patios as obras de arte do noso alumnado, gracias como sempre as familias pola vosa axuda coa aportación de materiais e no desprazamento dos nenos ata a nosa escola. Esperamos que disfrutedes tanto como nós de todas estas experiencias.








Deixovos o enlace da publicación xeral do noso blog de centro para que lle dedes un vistazo!

domingo, 15 de abril de 2018

Excursión aos Muíños do Porto

Aquí vos deixo algunhas fotos da saída aos muíños do Porto. Podedes ver como dende que saímos da escola fomos escoitando a auga que baixa dende dito lugar, iamos observando con moita curiosidade e con gran ledicia pois como dixo Alexandre  " a mi me parece que ir de excursión es como estar de vacaciones". Pois eso, estou dacordo con Alexandre e ademais engadiría o moito que aprendemos nesa mañá: a  ir con precaución pola rúa, a esperar aos demais e informar dos posibles perigos, a coidar o noso entorno (recollemos o lixo que atopamos polo camiño), etc.
Bueno, moitos de vos xa coñeceredes este fermoso lugar, a eles fascinoulles e quedaron con ganas de volver, ademais neste momento hai moita auga e só escoitar ese sonido rodeado de natureza é espectacular!
De volta á escola pintamos un cadro sobre os muíños que tamén podedes ver nesta presentación!