domingo, 10 de diciembre de 2017

sábado, 11 de noviembre de 2017

Responsables

Neste vídeo podedes ver algunhas actividades que facemos a diario na escola. Todos temos dereitos pero tamén responsabilidades. Cada luns no panel, os nenos poden ver que responsabilidade teñen asignada esa semana, así aprendemos a comprometernos e aportar o noso gran de area para o ben común e beneficio de todos. As tarefas que levan a cabo están pensadas e cuidadosamente planificadas para que eles as poidan levar a cabo na súa totalidade. Necesitan ter confianza e ser axudados, mostrándolles como facelo e ofrecendo a nosa compañía e axuda cando a precisen ( non se trata de facerlle a tarefa, senon de mostrala, eles son os encargados de realizala).
Para que un nen@ sexa responsable hai que proporcionarlle autonomía persoal: favorecer que faga por el mesmo o que é capaz de facer en cada momento. Recordade que na casa tamén podedes ir introducindo responsabilidades acordes á súa idade e madurez. Aí van algunhas ideas: ordenar e gardar xoguetes, zapatillas, pixama, regar as prantas, axudar a poñer a mesa, dar recados, coidar animais,etc

"Los mejores regalos que puedes dar a tus hijos son las raíces de la responsabilidad y las alas de la independencia"  
                        (Denis Waitley)

Magosto e Samaín

Como xa ven sendo costume, por estas datas xuntámonos todos os do CRA para festexar un magosto xuntos e pasalo moi ben disfrazándonos, xogando e coñecéndonos máis.
Con un pouco de retraso pero aquí vai o vídeo para que poidades ver algunhas das cousas que fixemos.

jueves, 9 de noviembre de 2017

Cumpreanos de Ana

Ana xa ten 4 anos! Moitas Felicidaaaades!!






domingo, 22 de octubre de 2017

Xogando aprendendo

Neste video podedes ver como levan a cabo diferentes actividades incluidas nas áreas de matemáticas, linguaxe, musica e na área sensorial.
Tratamos de favorecer aspectos como o coidado do material, a orde, o fortalecemento da musculatura (traballo coa pinza, manipulando obxectos con diferentes pesos e tamaños)  perfeccionamento dos movementos, o desenrolo visual e da linguaxe (grande-pequeno, lixeiro-pesado).
 Todas estas actividades están deseñadas pensando nos/as nenos/as priorizando o movemento: son eles quenes elixen, extraen o material da estantería e o volven a colocar no seu lugar. Que se poidan mover favorece a atención, facilitan a concentración e estimulan o cerebro, ampliando a linguaxe o vocabulario e a memoria.

viernes, 6 de octubre de 2017

Visitamos a nosa Biblioteca

Hoxe pasamos a xornada no Seixo, primeiro nas escolas coñecendo aos nosos compañeiros e compañeiras de seixo 3. Para Ana foi un día especial pois reecontrouse coas suas amigas e amigos do curso pasado, estaban moi ledos de volverse a ver. Algúns foron por primeira vez á biblioteca do noso cole, coñeceron a Iris a nosa mascota, que nos invitou a coller un libro para ler na casa. Despois a profe Rebe contounos un conto moi chulo, gracias profe! Merendamos e xogamos un rato no patio. Despois visitamos unha escultura do noso concello que é unha sobreira de 300 anos, fumos ao mercado e volta ao cole. Unha mañá completiña na que o pasamos moi ben.

Xirasois e Prímulas

Apareceunos unha sorpresa na clase! o papá de Ana tróuxonos sementes de xirasois e prímulas para plantar. Así que puxémonos mans á obra.

Abotoando

Exercitando os dediños, aquí podedes ver como practican a abotoar botóns, tarefa nada sinxela sobre todo para os máis pequenos. Comezamos practicando co mandilón en fronte para poder visualizar ben o que estamos facendo e con maior comodidade. É unha destreza un pouco complicada ao principio pero a medida que o van facendo o van conseguindo, o cal vai acompañado dunha gran satisfacción. Novos retos para novas conquistas!

Experimentando coas cores

Arrancamos co noso proxecto "pintaarte" experimentando coas cores primarias. Da súa mezcla descubrimos outras cores, atentos a esas cariñas fascinadas!
Introducimos con un conto no que a personaxe principal é un pincel que desperta unha mañá e se vai a xogar con amarelo, azul e vermello pero que se lava ben antes de sair da casa e cada vez que vai xogar con un novo amigo, porque quere estar moi limpo para ese encontro. Con esta historia que os atrapa, os nenos e nenas aprenden a lavar o pincel cada vez que cambian de cor, así se surxen as mezclas, sucederán no propio lienzo. Máis adiante irémolas facendo nas paletas de pintor se nos interesa buscar novas cores. 
Mirade que ben o fixeron e como disfrutaron!

jueves, 28 de septiembre de 2017

Benvidos ao circo!


Así de felices se sentiron coa chegada do circo que nos trouxo Alexandre! Moitas Gracias!








Dani cumpliu 5 anos!



Moitas Felicidades Dani!




viernes, 22 de septiembre de 2017

O primeiro día

Ola a tod@s!
xa estamos de volta!
 Neste vídeo  podedes ver imaxes e pequenos vídeos do primeiro día, con moitas ganas de explorar, ver e xogar con todo. Pouco a pouco ímonos coñecendo e superando este período de adaptación que como é lóxico, ás veces nos costa un pouquiño.

jueves, 29 de junio de 2017

Pechado por vacacións

Rematamos así coas entradas no blog por este curso, desexarvos a tod@s un moi Feliz Verán: a disfrutar e ata pronto!





Mans á obra, máis manualidades!

Este curso en Vilameán puxéronse mans á obra coa profe Neli. Quedaban moitos traballiños sen poñer no blog e aquí están. Moitas técnicas, habilidades e bonitos acabados que os fan tan felices.
Gracias profe Neli, seguro levan a mochila cargada de recordos bonitos e este traballo axudará a que sexan todos uns/unhas grans "manitas" no futuro.

Xogando co robot

Aquí vos deixo unha pequena entrada (non temos máis fotos nin vídeos do traballo co robot) pero así podedes ver un pouco o tipo de tarefas que teñen que resolver. Teñen que situarse espacialmente, contar o número de veces, dar a orde correcta, ter en conta os xiros, salvar os obstáculos, etc.
Resúltalles moi motivador e ademais é autocorrectivo pois eles mesmos poden ver ao poñer en marcha o robot se o fixeron ben ou non. Disfrutade véndoos cómo practican!

miércoles, 7 de junio de 2017

Exposición Francesco Tonucci

Este curso viaxamos ata Pontevedra con motivo da exposición  do gran pedagogo, maestro, debuxante e investigador Francesco Tonucci ou FRATO  que é o seudónimo que usa para firmar as súas viñetas. Gustounos moito, aprendemos, xogamos, experimentamos...
Recordade que podedes volver pois a exposición está aberta de xeito gratuito ata o 11 de xuño (tamén sábados e domingos) no Pazo da Cultura en Pontevedra.

miércoles, 10 de mayo de 2017

Saída ao teatro a ver "Gatuxo"

Aquí vos deixo algunhas fotos da saída a Vigo do pasado mércores. Viaxe en tren con momentos divertidos e cargados de emocións e unha obra que conectou cos nenos e nenas e coa que disfrutaron moitísimo.




















miércoles, 26 de abril de 2017

Mini sesións de ioga para nenos

Repetir algunhas posturas imitando animais ou outros elementos ,ir tomando conciencia da respiración, manter a atención, lograr maior flexibilidade e relaxarse son algúns obxectivos que  pretendemos alcanzar. Sen ser grandes expertos tratamos de potenciar o traballo co corpo pola gran importancia que sabemos que ten.


sábado, 1 de abril de 2017

Cumpreanos de Aitor

Remata o mes de marzo e con el as celebracións de cumpreanos por este curso. O último en cumplir anos: Aitor, que fixo xa 7 primaveiras!! moitas felicidades guapetón!!













sábado, 18 de marzo de 2017

Arte en Crearte

 Xunto cos compañeir@s da escola de Carregal e Estás compartimos unha xornada de talleres e xogo o pasado mércores. Aquí unha mostra dalgunhas actividades que fixemos ese día.

Seriando

Facer series é aplicar unha relación de orde ( a un conxunto de elementos) e sirve de base para posteriormente establecer relacións máis abstractas. Nesta actividade de seriar quítaselle un elemento da serie, teñen que descubrir cal é a peza que falta e o lugar exacto no que se produce a desaparición.

domingo, 12 de marzo de 2017

CARETAS


Que neste entroido non falten as caretas: